Un dos grandes triunfadores da gala das Estrellas Michelín celebrada este martes 26 en Murcia foi sen dúbida O Secadeiro, restaurante emprazado en Banzas (Outes), que foi recoñecido cunha Estrella Verde Michelín 2025. Recolleron o galardón os cociñeiros Eva Guzmán e Fernando Rodríguez grazas ao seu “especial compromiso coa sostibilidade a través da cociña” e por “tratar ben a terra e o produto, e por traballar coa maior naturalidade posíbel”. De feito, poden gabarse de que boa parte do que producen, arredor do 80%, foi elaborado con ingredientes de quilómetro cero.
Tamén triunfaron o Retiro da Costiña de Santa Comba, que obtivo a súa segunda Estrela Michelín coincidindo co seu 85 aniversario. A distinción foi recollida polo cociñeiro Manuel Garcia, quen adicou este importante premio á súa familia.
Galicia conta con 17 restaurantes con Estrella Michelín. Deles, só o Retiro da Costiña, de Santa Comba, Culler de Pau, de O Grove, e Pepe Vieira, en Raxó, contan con dúas estrelas.
Na gala tamén foi distinguido o Simpar de Santiago de Compostela, que recibiu a súa primeira estrela.




