Esther Carrodeguas recala este sábado en Muros co monólogo “O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada”

27 Novembro 2024

A escritora e actriz rianxeira Esther Carrodeguas vai estar este sábado 30 de novembro en Muros representando a función O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada de ButacaZero. Será a partir das 20.30 horas no auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros, cun prezo de 3,50 euros. Trátase dunha obra recomendada para maiores de 16 anos. As reservas pódense facer xa en liña ou ben nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros en horario de 8:00 a 15:00 h

A compañía ButacaZero, liderada por Esther F. Carrodeguas, creadora da aclamada obra Iribarne, un dos grandes referentes do teatro galego deste ano, presenta unha nova proposta que promete conmover e sorprender. O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada é un monólogo escrito e protagonizado pola propia Carrodeguas, no que aborda a complexa relación co corpo e a gordofobia dunha sociedade que idealiza estándares de beleza inalcanzábeis. Cunha mestura de sinceridade e humor irónico, a obra reflexiona sobre como esta discriminación afecta tanto á sociedade como ao noso interior. Dirixida por Xavier Castiñeira e acompañada en escena polo artista multidisciplinar Juanma LoDo, que asina a sonoplastia, esta peza contemporánea ofrece unha experiencia escénica única que mestura crítica, emoción e unha gran dose de valentía.

A concelleira de Cultura, Caridad González, destacou que “traer a Muros unha obra de ButacaZero é unha mostra máis do noso compromiso por ofrecer teatro de calidade. Esta peza convida a reflexionar sobre temas tan universais como a identidade e a aceptación, ao tempo que recoñecemos o enorme talento de Esther Carrodeguas. Animo á veciñanza a non perderse esta oportunidade única”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.