Deputación e Mancomunidade Arousa Norte impulsan o proxecto do xeoparque Idade de Ferro

03 Marzo 2020
Cedida

O vicepresidente e responsable da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, reuniuse cos alcaldes de Ribeira, Manuel Ruiz; A Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro; Boiro, José Ramón Romero; e Rianxo, Adolfo Muíños. O obxectivo desta xuntanza radicaba en impulsar o proxecto de xeoparque Idade de Ferro como unha liña de promoción turística e cultural do territorio, ademais de analizar distintas vías de colaboración para a dinamización da Mancomunidade Arousa Norte, participando tamén no encontro a coordinadora técnica, Irene Maneiro.

Un dos acordos tomados foi que, no prazo de dous meses, a Mancomunidade Arousa Norte e a Deputación da Coruña presentarán as primeiras accións do proxecto Idade de Ferro que ten como finalidade contribuír á promoción turística e poñer en valor os recursos arqueolóxicos dun territorio especialmente rico en patrimonio. A través da entidade supramunicipal desenvolverase, co financiamento da institución provincial, un ambicioso proxecto que incluirá desde escavacións e sinalización dos principais recursos ata deseño e realización de rutas, así como a elaboración de ferramentas de divulgación e visibilización. O vicepresidente Xosé Regueira destacou que “trátase dun proxecto de promoción turística e cultural que vai facer que esta comarca que goza xa de moito interese paisaxístico e como destino de praia pase a ser tamén un referente histórico arredor da Idade do Ferro”, facendo fincapé tamén na “estreita colaboración e na boa sintonía que se aprecia entre os concellos co obxectivo de sumar forzas para dar pasos adiante nunha iniciativa que porá o foco, de maneira especial, na intensa densidade de castros que existen no territorio.” Así mesmo, salientou a implicación das Administracións locais e os beneficios de traballar de maneira mancomunada na área de Turismo nun proxecto que, segundo sinalou, ten similitudes na maneira de actuar con outros nos que está implicada a Deputación tales coma o Xeoparque de Ortegal, o Parque do Megalitismo da Costa da Morte ou Compostela Rupestre.

Algúns dos recursos desta iniciativa, que contará con identidade propia e actuacións para a mellora de sinalización e accesibilidade dos principais emprazamentos, son o Castro de Isorna, en Rianxo; os de Neixón e de Achadizo, en Boiro; o de Croa de Postmarcos, na Pobra do Caramiñal; e o Castro da Cidá, en Ribeira.

No marco da xuntanza puxéronse sobre a mesa outras propostas de carácter cultural que teñen como obxectivo a dinamización da comarca a través de festivais e proxectos de difusión nos que colaborarían conxuntamente os Concellos e a Deputación, os cales se darán a coñecer proximamente.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.