O Colectivo Glovo leva “Tabú” a Rianxo (este venres no Auditorio)

26 Novembro 2024

Tabú, de Colectivo Glovo, chega esta fin de semana a Rianxo. Trátase dunha peza de danza contemporánea que presenta cinco personaxes femininos da década de 1920 nun ambiente de entroido no rural galego, onde cada muller amosa o seu tabú a través dunha proposta dinámica e accesíbel para todo tipo de público. A cita será este venres 29 de novembro a partir das 21.00 horas. A entrada será de balde até completar a capacidade.

Colectivo Glovo

Colectivo Glovo nace en 2016 baixo a dirección de Esther Latorre (España) e Hugo Pereira (Portugal) xerando así un espazo de creación onde ambos, intérpretes e coreógrafos, desenvolven conxuntamente a súa faceta máis imaxinativa.

Con sede en Galicia, traballan na creación da escena tanto para teatros como rúa e espazos non convencionais, así como xestores culturais, xa que un dos seus principais obxectivos como compañía é aumentar as dimensións de alcance das dinámicas do corpo.

Orixes de Tabú

​En agosto de 2020, no centro de Allariz – Galicia, o colectivo descubriu “unha fascinante fotografía de 1925”, capturada por Manuel Riesco, que retrata a doce mulleres. A imaxe, en branco e negro e parte do Arquivo Municipal de Allariz, mostra a estas mulleres con actitude desafiante e peiteados estilo belle époque. Preguntaron quen eran, que lles sucedeu. “Esta imaxe”, relata o Colectivo Glovo, “mergullounos na procura das súas historias esquecidas”.

Tabú cuestiona a aparencia como unha posibilidade de futuro.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.