O alumnado do IES de Outes ponse firme contra o maltrato animal

25 Novembro 2024

O venres pasado celebrouse en Outes unha xornada de traballo e concienciación sobre o maltrato e o abandono animal.

Nas actividades participaron estudantes da Educación Secundaria do IES Poeta Añón, que recibiron a visita de varios animais que se encontran acollidos no centro de rescate de XEA Galicia (Xestión Ética do Abandono), co propósito de concienciar sobre o abandono e o maltrato animal.

Primeiro asistiron a unha charla na que se concienciaba sobre a gran responsabilidade que implica ter unha mascota e os coidados que se lle deben proporcionar entre outras cousas, logo, puideron coñecer a varios animais rehabilitados polos adestradores de XEA e recibiron con atención unha serie de consellos prácticos para tratar aos animais de forma axeitada por parte dos profesionais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.