Ana Hermida leva ao CEIP Ana María Diéguez o espectáculo “A Historia en Feminino” (este luns 25N pola mañá)

24 Novembro 2024

A Asociación Lisístrata recala en Rianxo para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Farao coa función A Historia en Feminino, onde a narradora Ana Hermida fará un achegamento ao público infantil das moitas, 0sobresaíntes e descoñecidas mulleres que houbo ao longo da historia e que foron borradas da mesma. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino. A cita será este luns pola mañá no CEIP Ana María Diéguez de Rianxo para o alumnado de infantil e primaria.

A función vén da man Asociación Lisitrata. Trátase dunha función familiar abeirada á Rede Cultural da Deputación da Coruña que inclúe historias contadas desde a perspectiva de xénero e igualdade, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario, onde o final pode cambiar e a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.