José Otero Ares, Gastrolab Arousa e o Grupo JJ Chicolino recolleron os Premios ABE 2024

23 Novembro 2024

A Pousada da Galicia Imaxinaria foi este venres 22 de novembro o lugar elixido para celebrar a sétima edición da gala dos premios ABE, uns galardóns que recoñecen a labor dos empresarios da localidade e que congregaron a preto de 200 invitados, un novo récord de asistencia que amosa, en palabras da ABE, “o poder de convocatoria da patronal boirense”.

O evento, conducido polo cómico, actor, monologuista e presentado Oswaldo Digón desenvolveuse con ritmo áxil nun contexto desenfadado no que o humor do condutor puxo a nota de cor á velada explicando anécdotas do seu pai “que era autónomo e sempre que saia da casa me recordaba que tiña que pedir os tíckets.

O acto deu comezo co discurso de benvida do presidente da ABE, Daniel García, que quixo comezar facendo balance do ano destacando “os 9 novos socios que se incorporaron a ABE” e amosouse especialmente orgullos da xestión de axudas e subvencións para os socios que “traducíronse nun importe de axudas para os socios de 295.000€ e un investimento de 383.000€”.

Aproveitando que na sala encontrábanse preto de 200 invitados, moitos deles empresarios quixo poñer en valor o fito histórico que supuxo para a ABE “obter por terceira vez, un galardón nos Premios Nacionais de Comercio do Goberno de España, accésit que nos coloca como a segunda mellor asociación de toda España tras Valencia, aos que lles quero trasladar ánimos polo momento que están vivindo”.

Para finalizar explicou que a ABE este ano “foi a primeira patronal en ser admitida no mapa de emprendemento da Xunta de Galicia, elaboramos unha campaña de concienciación sobre o consumo local cos centros educativos na que participaron máis de 2.000 alumnos”. Segundo engadiu, este 2024 foi o ano en que máis premios (1.012) e de maior importe (16.160 €) entregáronse aos clientes na historia da ABE. Ademais, dixo, “actualizamos o catálogo de premios e batemos o récord de usuarios (3.292) e de compras rexistradas (27.000 no que vai de ano)”.

Neste punto o presentador tomou de novo a dirección do acto e mesturando con contos, anécdotas e monólogos entregáronse os tres premios da noite.

Na categoría de mellor comercio o gañador desta edición foi Gastrolab Arousa o espazo gastronómico de Miguel Mosteiro, chef seleccionado para representar a cociña galega na Expo de Milán 2015, CIIE Shanghai 2019 e Foodex JAPAN 2020; relator en moitas das feiras gastronómicas máis prestixiosas da xeografía estatal: Alimentaria (Barcelona), Salón Gourmet (Madrid), Fórum Gastronómico (A Coruña), Fórum Gastronómico (Xirona), Gourmet Black Label (Pontevedra), Fórum Gastronómico (Santiago de Compostela), Conxemar (Vigo), Salimat (Silleda), FITUR (Madrid), Salón Náutico de Barcelona, ​​etc.

Recolleu o premio o equipo de traballo de Gastrolab (Socorro e Denís xa que Miguel que se atopaba fñira de Boiro) pero a patronal tiña preparada unha sorpresa e gracias ao equipo técnico da Pousada da Galiza Imaxinaria realizouse unha conexión en directo por videochamada na que Miguel, proxectado na pantalla xigante, agradeceu o premio: “Era unha ilusión tremenda recoller este premio e máis cando vén polos votos dos teus compañeiros empresarios, quero destacar o enorme labor que está a realizar a ABE da man do equipo directivo e os traballadores” para finalizar co xa emblemático lema da patronal “somosborio”.

Angel Mariño de Cerarea Angel Mar foi o encargados de entregar o galardón como gañadores do pasado ano.

A continuación foi a quenda da mellor empresa galardón que recaeu en Grupo JJ Chicolino que con máis de 20 anos de experiencia, está formado por catro empresas que aportan todo tipo de solucións para os sectores industriais máis importantes como o mariño, o alimentario, etc. Cada empresa ten produtos específicos e a interrelación entre eles permítenos ofrecer solucións complementarias que, doutro xeito, obrigarían ao cliente a acudir a distintos provedores. Recolleu o premio Juán José Fajardo Piñeiro, fundador do grupo que tras agradecer o premio e visíbelmente emocionado relatou como foron os inicio do grupo: “Aproveitei a lúa de mel para facer negocio e miña dona aínda mo recorda”, e relatou os inicios que foron “difíciles e custou moito traballo poñer en marcha a primeira nave xa que tiven que mercar o terreo a 29 propietarios distintos pero hoxe o Grupo JJ Chicolino ten un piares sólidos, conta con diferentes liñas de negocio e estamos presentes en varias startups con posibilidades de crecemento”

Os encargados de entregar o premio foron Jorge e Angel, propietarios de Coaxial, empresa gañadora do premio o pasado ano.

Para a entrega do premio de honra o presidente da ABE, Daniel García, volveu subir ao escenario e xunto co presentador fixeron un breve repaso á traxectoria do homenaxeado que nesta edición recaeu en José Otero Ares, fundador en 1977 da empresa boirense Electrodomésticos Otero (Grupo Cenor) unha firma familiar que sempre estivo á vangarda da tecnoloxía e os mercados cun local de 650 metros cadrados que permite ofrecer aos clientes un gran catálogo de electrodomésticos, imaxe, informática e son para o fogar.

O presidente quixo destacar os motivos que levaron a que o premio recaera en José “pola súa contribución ao desenvolvemento económico do pobo, por levar ao fronte do negocio dende 1977, pola súa traxectoria empresarial nun dos comercios con mais tradición da localidade e pola súa capacidade de traballo, esforzo e adicación ao negocio”.

Este foi o momento mais emotivo da noite cando subiu ao escenario José Otero Arias para recoller o galardón de mans do presidente da ABE, Daniel García quen lle entregou o micro a un emocionado José que aproveitou para “agradecer a ABE o premio e compartilo coa familia, traballadores, clientes, provedores e amigos dos que nos rodeamos durante tantos anos de traxectoria”.

A gala rematou coa intervención do alcalde de Boiro, José Ramón Romero, que destacou “o labor da ABE na promoción económica do concello” e “o traballo dos empresarios premiados a prol da economía local” e un divertidísimo monologo de Oswaldo Digón que deu paso aos pinchos para rematar co concerto de Catuxa Salom.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.