Redemar presenta o proxecto de investigación Ecosistémica24 que será executado polo CIMA en colaboración coa Federación Galega de Confrarías

22 Novembro 2024

A sede da Federación Galega de Confrarías de Pescadores acolleu o acto de presentación do proxecto de investigación Ecosistémica24 que será levado a cabo polo Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), dependente da Consellería do Mar, coa colaboración da federación autonómica. Á cita acudiu a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde que destacou que esta nova acción será financiada por Redemar, a rede entre o sector pesqueiro e organismos científicos galegos creada pola Xunta no 2022.

No acto, o equipo investigador expuxo aos biólogos de zona da Consellería do Mar e ao persoal técnico e representantes das confrarías de pescadores as principais liñas de actuación do proxecto relacionadas co sector do marisqueo. Así, o proxecto contempla sete liñas de actuación, cada unha das liñas foi presentada polo persoal investigador que lidera as mesmas, que abarcan a bioloxía pesqueira -para avaliar aspectos como as abundancias, a dinámica de poboacións e ecoloxía das especies do marisqueo-, as patoloxías mediante o seguimento do estado de saúde da poboacións e a bioloxía reprodutiva, estudando os ciclos reprodutores, tamaño de primeira maduración e estimación da fecundidade. 

Tamén trata as fontes de información coa finalidade de harmonizar e manter as bases de datos, o estudo das especies acompañantes co obxectivo de facilitar o seu seguimento así como da biodiversidade en substratos duros e as características da costa. Por último aborda a transferencia de metodoloxías e ferramentas ao persoal técnico das confrarías e da administración. 

A directora xeral subliñou que desde a Consellería do Mar continúase afondando na aposta pola investigación mariña para a recuperación e conservación do marisqueo mediante actuacións no ámbito de Redemar e os proxectos de investigación do CIMA reforzando o seu investimento nos Orzamentos do 2025 ata os 2,75M€, o que supón case un 6% máis que no 2024.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.