A próxima dirección de Anova contará co exdiputado autonómico Antón Sánchez e o alcaldesde Rianxo, Julián Bustelo,, xunto ao actual portavoz, Martiño Noriega. A formación nacionalista de Xosé Manuel Beiras celebra este sábado en Santiago de Compostela a súa VI Asemblea Nacional, presentando unha candidatura de unidade para a coordinadora nacional.
A lista, composta por 35 persoas, inclúe aos exparlamentarios autonómicos Antón Sánchez e Flora Miranda, así como aos rexedores de Rianxo e Sada e ao tenente de alcalde de Val do Dubra, Antonio Regueira. Tamén participan militantes de todo Galicia e membros das mareas municipalistas como Antía Paz e Alberto Lema (Marea Atlántica), ou Concha Fernández e Miguel Penas (Compostela Aberta).
No encontro elixirase a nova coordinadora nacional, que designará na súa primeira reunión á nova permanente, coa previsión de que Martiño Noriega repita como portavoz. Anova aspira ao “rearmamento do espazo político” e aprobará o documento que fixará a súa folla de roteiro.
A candidatura completa a coordinadora nacional inclúe a Martiño Noriega, Antía Comesaña, Antón Sánchez, Iván Rodríguez, Flora Miranda, Antonio Negreira, Alberto Lema, Antía Paz, Julián Bustelo, Xiana López, Benito Portela, Begoña Martínez, Santi Martínez, Brais Fidalgo, Iria Otero, Gladys Afonso, Rafa Rodríguez, Concha Fernández, Lois Pérez (Lugo), X.M. Beiras, Xema Rivera, Millán Fernández, Paula Rodríguez, Héctor López, Xosé Manuel Albán, Iolanda Rei, Pepe Gómez Bragaña, María Xosé Fernández, Gonzalo Cao #Sousa, Miguel Penas, Carmen Peña, Carlos #Vidal, Xan Daniel García, Celsa Oreiro e Manuel Lareo.




