A 5º Mesa Local da Pobra contra a Violencia de Xénero puxo o foco na urxencia de impulsar a educación igualitaria

22 Novembro 2024

A poucos días de conmemorarse o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (este 25 de novembro), a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal convocou para este 22 de novembro a quinta sesión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, presidida pola concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos, e na que tamén participaron a Garda Civil, a Policía Local, representantes dos centros educativos, tecido asociativo e técnicas municipais dos Departamentos da Igualdade e dos Servizos Sociais.

Esta mesa eríxese como un instrumento operativo de traballo onde están tódolos axentes implicados na prevención e atención ás vítimas de violencia para así deseñar liñas estratéxicas para a loita contra este problema social e crear conciencia entre a cidadanía ao respecto. Como ben apuntou a edil, “é fundamental cooperar entre tódalas institucións.”

Primeiramente, puxéronse en coñecemento as distintas accións enmarcadas na campaña municipal Desmárcate! con motivo do 25-N, con especial énfase na comunidade educativa como medio para construír unha sociedade igualitaria.

Analizáronse, así mesmo, as dificultades detectadas desde cada ámbito representado na dita mesa cara a prevención das violencias machistas e propoñer, polo tanto, posíbeis solucións de maneira conxunta. Cada unha/un das/os representantes das distintas áreas coinciden na existencia dun incremento do discurso contrario ao movemento feminista, obstaculizando o camiño cara a unha igualdade real entre mulleres e homes.

Os datos reflicten que actualmente hai 23 casos activos de violencia machista na localidade, dos que os corpos de seguridade, tanto a Policía local como a Garda Civil, fan seguimento a través do sistema VioGén.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.