Ribeira homenaxea o legado das Irmandades da Fala cun acto conmemorativo

22 Novembro 2024

O Bloque Nacionalista Galego e a plataforma social Vía Galega realizarán en Ribeira este sábado, 23 de novembro, ás 11:00 horas, un acto especial en lembranza das Irmandades da Fala, no marco da celebración dos 106 anos da I Asemblea Nacionalista celebrada en 1918. O evento, que terá lugar no merendeiro que hai entre o Cámping de Coroso e a praia de Riazor, contará coa participación do responsábel local do BNG Rafael Pazos, da escritora Patricia Torrado, e do alcalde da localidade Luís Pérez Barral.

“As Irmandades da Fala, fundadas en 1916, representan un fito esencial na historia de Galiza. Estas organizacións pioneiras deron voz á defensa da lingua galega e impulsaron a recuperación cultural, política e social do país nun contexto de forte asimilación cultural” asegurou Pazos. A súa primeira asemblea nacionalista, celebrada en 1918, marcou o inicio dun movemento máis amplo de afirmación galega, unindo reivindicacións lingüísticas cun proxecto político que aspiraba a unha Galiza máis soberana.

No acto deste sábado en Ribeira, lembrarase a transcendencia do traballo das Irmandades da Fala, que sementaron os alicerces do nacionalismo galego contemporáneo e contribuíron de xeito decisivo á construción dunha identidade colectiva.

“Dende o BNG e Vía Galega convidamos á cidadanía a participar neste acto de homenaxe e reflexión, unha oportunidade para recoñecer o pasado e reafirmar o compromiso co futuro de Galiza, seguindo o camiño trazado polas Irmandades da Fala” concluíu Pazos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...