Este sábado 23 celébrase en Escarabote o magosto da “carretera do muelle”

19 Novembro 2024

Co obxectivo de seguir reivindicando a nomenclatura de “Carretera do Muelle” e de mobilizar á veciñanza arredor desta reclamación, a vila de Escarabote (Boiro) vai acoller este sábado unha celebración dun magosto popular, organizada pola plataforma veciñal que reclama o mantemento do nome da dita rúa. Será a partir das 17.00 horas no antigo Bar Sirena. Haberá música, castañas, doces e chocolatada de balde.

O obxectivo, explican, é “xuntarnos e seguir reivindicando a revocación do cambio de nome da rúa Carretera do Muelle”.

A veciñanza que organiza o magosto deste sábado explica deste xeito a súa reclamación: “En abril de 2023, a petición de catro persoas, o Concello de Boiro decidiu mudar o nome da nosa rúa para homenaxear ao Padre Joseba Beobide, un párroco que navegou en Terranova con mariñeiros de diferentes zonas de Galicia. Nós non poñemos en dúbida o labor realizado polo Padre Joseba pero levamos meses loitando por conseguir que se revoque este cambio e poidamos seguir mantendo o mesmo nome de toda a vida, co que se coñece tradicionalmente a rúa, que é co que nos sentimos identificados”. 

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...