O Coworking da Pobra recibe a visita de alumado do IES Espiñeira

19 Novembro 2024

O Coworking da Pobra celebrou unha nova xornada informativa e formativa con alumnado de centros educativos locais e comarcais. Catorce estudantes do ciclo medio de Instalacións de Telecomunicacións do IES Espiñeira de Boiro pasaron neste 19 de novembro polo centro de traballo colaborativo pobrense; unha xuntanza enmarcada no Campus de Emprendemento que se desenvolve nestas instalacións. Previamente (a semana pasada) recibiron a visita do alumnado do CIFP Coroso de Ribeira.

Na sesión deste martes a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, e a responsábel da asistencia técnica do Coworking da Pobra, Fátima Rodríguez, foron as encargadas de recibir os estudantes. Cerecedo trasladoulles os recursos materiais que pon o Concello á disposición da cidadanía co obxectivo de “favorecer o espírito emprendedor, ademais do apoio técnico en todo o proceso de posta en marcha dun negocio”. A este respecto, Fátima Rodríguez, precisou que se ofrece asesoramento e acompañamento integral dende o inicio da andaina empresarial. De feito, non é necesario facer uso do propio espazo para solicitar orientación, sinalou.

Deseguido a rapazada asistiu a un obradoiro sobre habilidades sociais para emprender da man de Verónica Rodríguez, socia da consultora Promove, focalizado na importancia da colaboración, do traballo en equipo e de establecer sinerxías. E, a través da actividade Café con…, coñeceron a experiencia da cooperativa de mercadotecnia dixital Kracia.

Ofrecéronselle así actividades adaptadas ao seu perfil e formación; un valor engadido destes campus vivenciais que se erixen como fórmula para promover o autoemprego como opción de futuro no mundo laboral para a mocidade.

O Coworking da Pobra botou a andar no 2017 e consta de dous espazos: o Emprende, destinado a persoas emprendedoras que fagan uso desta prestación de maneira continuada, e o Nómades, dirixido a quen utilice o centro de xeito puntual. En 2022, formalizouse a integración na Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.