Noia celebra en San Martiño e no Coliseo os concertos da XLVII Semana Musical de Noia

21 Novembro 2024

Os días 22, 23 e 24 de novembro veciñanza e visitantes poderán desfrutar dunha nova edición da Semana Musical de Noia, XLVII edición. A axenda comezará o venres 22 na igrexa de San Martiño, ás 19.30 horas, cunha misa cantada.

Durante a mesma xornada do venres, ás 20.30 horas, con motivo da festividade de Santa Cecilia, celebrarase un concerto no Coliseo Noela, a cargo da orquestra, banda e coro do Conservatorio Profesional de Música Felipe Paz Carbajal do Concello de Noia, e do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

O sábado 23 as actividades concentraranse no Coliseo Noela a partir das 20.00 horas, cun concerto a cargo da Coral Polifónica de Beluso, do Coro Canta Para Noia e da Coral Polifónica de Carnota.

O domingo 24 de novembro volverá a haber actividades no Coliseo Noela, a partir das 18.00 horas, a cargo da Banda de Música de Noia e da Coral Polifónica de Noia.

A Semana Musical está organizada pola Coral Polifónica de Noia, que complementará o programa de actividades cunha vertente solidaria. De feito, recolleranse donativos para Cáritas en axuda ás persoas afectadas pola DINA de Valencia.

A Semana conta coa colaboración do Concello, a Agrupación Folclórica de Salgueiriños de Noia, Rótulos Ageitos e a parroquia da Igrexa de San Martiño.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.