A ABE recompensa cun novo sorteo ás persoas adheridas ao seu boletín informativo

19 Novembro 2024

Vanesa Tubío é a gañadora do premio bimensual de 50 euros que concede a patronal boirense en Bonos ABE para fidelizar á cidadanía ao seu boletín de novas, ao que xa se adheriron 329 clientes dos negocios de Boiro.

O pasado mes de abril a ABE presentaba as novidades do seu sistema de fidelización entre as que destacaba a posta en marcha dun boletín de novas ao que poden subscribirse os clientes para estar ao tento das promocións e actividades que organiza a asociación.

Ademais entre as vantaxes de permanecer subscrito figuran o acceso exclusivo a sorteos e promocións como o sorteo bimensual de 50€ en bonos ABE entre todos os subscritores activos do seu boletín de novas.

Como dixemos, a gañadora dos meses de setembro e outubro é Vanesa Tubio.

O calendario dos próximos sorteos é o seguinte: nos meses de novembro e decembro, sorteo 1ª semana de xaneiro.

Para participar nos sorteo os clientes so teñen que subscribirse ao boletín de novas da ABE a través da propia web (www.abe.gal) da entidade indicado unicamente o seu correo electrónico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.