Muros celebra a súa I Gala do Deporte o 21 de decembro, con homenaxes aos clubs e deportistas locais

18 Novembro 2024

O Concello de Muros celebrará o próximo sábado 21 de decembro a súa I Gala do Deporte. Será no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil ás 18:30 horas.

Con esta nova iniciativa, o Concello quere “recoñecer publicamente o esforzo, a dedicación, a entrega e os valores que a través do deporte transmiten os clubs, entidades e deportistas de Muros”, asegurou a alcaldesa, María Lago.

Segundo o concelleiro de Deportes, Damián Torea, “fainos moita ilusión a celebración desta gala, que ademais era moi necesaria no Concello de Muros para darlle visibilidade ao noso deporte, nun evento que será unha festa para toda a veciñanza”.

Engadiron que o prazo para a presentación das candidaturas será ata ás 14:00 horas do venres 29 de novembro de 2024. Haberá premios deportivos anuais nas seguintes categorías:

-Mellor deportista feminina do Concello de Muros.

-Mellor deportista masculino do Concello de Muros.

-Mellor club do Concello de Muros.

-Promesa masculina máis destacada do Concello de Muros.

-Promesa feminina máis destacada do Concello de Muros.

-Especial da “veciñanza” (será para o/a deportista con maior número de votos realizados a través da web municipal. A selección das candidaturas correrá por parte do Concello).

-Mellor evento deportivo municipal.

Entregarase tamén un recoñecemento especial do concello aos méritos conseguidos na súa traxectoria deportiva por deportistas locais, persoal ou directivos dos clubs, e ata tres mencións especiais.

Bases completas da gala no taboleiro de anuncios da web do Concello.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...