Domingo 17, sol e temperaturas sen cambios

16 Novembro 2024

Este domingo comezamos a recuperar a influencia anticiclónica, o que traerá un día cos ceos en xeral pouco nubrados ou despexados.

En canto ás temperaturas, as mínimas experimentarán un lixeiro descenso, especialmente nas zonas de interior e nas comarcas do norte. As máximas, por súa parte, permanecerán sen cambios significativos, con lixeiros ascensos na metade sur da comunidade e descensos nas áreas do terzo norte.

Os ventos soprarán de nordés, con intensidade frouxa na maior parte do territorio, pero serán moderados no litoral noroeste, onde se agarda unha maior presenza de nubes e de clima máis fresco.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 1 a 3 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.