Castelao, recoñecido como primeiro presidente de Galicia

16 Novembro 2024

O Parlamento de Galicia recoñeceu este venres 15 ao escritor, debuxante e político rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao como primeiro presidente de Galicia.

O 15 de novembro de 1944 constituíuse en Montevideo o denominado “Consello de Galiza”, integrado polos catro deputados galegos electos nas derradeiras eleccións republicanas que, por residir na Sudamérica, desfrutaban de liberdade de acción: Alfonso Daniel R. Castelao, Elpidio Villaverde, Antón Alonso Ríos e Ramón Suárez Picallo. Castelao ocupou a presidencia deste organismo, representante fideicomisario da vontade de autogoberno do pobo galego expresada nas urnas o 28 de xuño de 1936 coa aprobación do Estatuto de Autonomía. É por isto que cabe recoñecer a Castelao como o primeiro presidente de Galicia, segundo reflectiu o Concello de Rianxo con motivo deste xusto e merecido recoñecemento póstumo.

Este acto simbólico celebrouse tras un acordo entre os tres grupos da Cámara atendendo a unha solicitude impulsada polo Partido Galeguista para honrar ao considerado como o pai do nacionalismo galego. Na sesión conmemorativa do 80 aniversario da Constitución do Consello de Galiza, o presidente do Lexislativo, Miguel Santalices Vieira, recordou que “nesa data tomou forma a institucionalización do autonomismo galego, un primeiro paso modesto na forma e na representatividade”.

O presidente do Parlamento cualificou ao político de Rianxo como un “referente incuestionábel” para todos os demócratas galegos, con independencia da súa encadre ideolóxico.

A sesión conmemorativa contou coas intervencións da presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez e do catedrático de Historia Contemporánea da USC, Ramón Villares.

Esta homenaxe engádese ás que virán o próximo ano despois de que a Xunta anunciase que propoñerá a todos os grupos representados na Cámara a adopción dun acordo para declarar en 2025 o Ano Castelao coincidindo co 75 aniversario do falecemento do artista rianxeiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.