O Conservatorio e a Coral de Ribeira e a Rondalla de Aguiño honrarán a Santa Icía con concertos especiais

15 Novembro 2024

O 22 de novembro celébrase o Día Internacional dos Músicos en conmemoración da data do falecemento de Santa Icía, mártir do cristianismo e patroa de todos os músicos. Para honrar a patroa, Ribeira acollerá varios concertos especiais por parte do Conservatorio Municipal, a Coral Polifónica de Ribeira e a Rondalla de Aguiño que foron presentados este venres 15 de novembro coa presencia da edil de Cultura, Antía Alberte, o director do Conservatorio de Ribeira, Álvaro López, o director da Coral Polifónica, Alexandre Fontán, a vicepresidenta da Rondalla de Aguiño Rosa Vidal e a súa tesoureira Loli Vidal.

Conservatorio Municipal

O día 20 haberá unha audición do alumnado de piano no Conservatorio, que va a interpretar obras de García Abril, de Manuel de Falla e demais compositores e a audición será ás 20.00 h no salón de actos do Conservatorio. O día 21 vaise celebrar Santa Icía e haberá actuación do alumnado do Conservatorio do resto de instrumentos e tamén cun repertorio de diferentes compositores. Álvaro López informou do convite do Conservatorio de Noia (Conservatorio Felipe Paz Carbajal) no cal vais participar nun ensaio co departamento de piano para facer un concerto o día 13 de decembro no teatro Coliseo Noela de Noia, onde tamén estarán presentes alumnos do Conservatorio de Noia e da Escola Municipal de Porto do Son.

Coral Polifónica de Ribeira: Cantica Sacra

A Coral fará un concerto moi especial ás 20.00 h o propio día de Santa Icía baixo o título xenérico Cantica Sacra na Igrexa Parroquial de Santa Uxía e segundo o seu director, Alexandre Fontán “imos facer un percorrido dende o século X con tres antífonas de canto gregoriano para pasar ao Renacemento italiano, e tamén interpretarase unha peza moi especial que é tradicional da Semana Santa da Pobra do Caramiñal do século XVIII un Miserere Salmo 50 (vers. 3 4 5), despois unhas pezas do romanticismo do XIX e de cara ao final adicarase unha homenaxe a José Pérez Rajoán, que foi un sacerdote e músico da diocese de Santiago e natural da Escravitude; foi o mestre de Capela na Catedral de Santiago ata 1960”. O concerto rematará cun fragmento dun himno a Santa Icía. Para a ocasión contarase ca presenza de María Dolores Bretal, compoñente da Capela Lauda Sion tocando o órgano.

Rondalla de Aguiño

A Rondalla de Aguiño adicará o recital ao compositor Wolfgang Amadeus Mozart, na xornada participarán os alumnos da Asociación así como a Rondalla de Aguiño e rematará cunha merenda de fraternidade.

O Concerto de Santa Icía en Aguiño será o domingo 24 de novembro ás 17:00 h, no Conservatorio de Aguiño.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.