Medio Ambiente abre este venres o prazo de solicitudes para a pesca de lamprea no Ulla a vindeira semana

14 Novembro 2024

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático abrirá a partir deste venres, 15 de novembro, e por un período de 15 días hábiles, o prazo de presentación de solicitudes para poder pescar lamprea no río Ulla durante a vindeira tempada, segundo figura na Orde que regula a práctica desta actividade que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.

Medio Ambiente lembra que a lamprea (Petromizon marinus) é unha especie piscícola moi particular no que respecta ao seu aproveitamento, “xa que para a súa captura seguen a utilizarse procedementos e artes tradicionais que están prohibidos para o resto das especies”. E engade que por estas razóns cada ano establécese un réxime especial para a súa pesca co obxectivo de que se realice un aproveitamento específico e ordenado da lamprea.

Dentro das pesqueiras tradicionais no río Ulla, existen na actualidade 28 que aínda están operativas. As persoas interesadas en traballar a lamprea nestas zonas deberán estar en posesión da correspondente licenza de pesca e contar co permiso de cuarta categoría para cada día e pesqueira. Como é habitual, xunto cos permisos entregarase un libro de rexistro de capturas que deberá ser debidamente cuberto, estará sempre a disposición das autoridades competentes e, unha vez rematada a tempada, terá que ser enviado ao Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra.

Tal e como establece a orde, para o exercicio da pesca con aproveitamento nas pesqueiras do río Ulla expedirase a licenza das clases A ou B, segundo corresponda, na que se indicará a especie autorizada (lamprea) e se especificará a pesqueira na que se pode practicar esta pesca, de acordo coa lista establecida no Anexo I da orde publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia.

Segundo a normativa, o período hábil de pesca da lamprea no Ulla para o vindeiro ano será nas pesqueiras de Areas (Herbón), do 6 de xaneiro ao 29 de marzo, e no tramo comprendido desde a pesqueira As Vellas (Herbón) ata a pesqueira da Trapa (Herbón), ambas incluídas, do 3 de febreiro ao 26 de abril. No que atinxe ao tramo comprendido desde as pesqueiras da Caseta e Furado (Carcacía) ata a pesqueira de Lampreeiro, lugar das Pesqueiras (Reis), todas incluídas, será do 3 de marzo ata o 24 de maio.

Polo que respecta aos horarios, as redes só poderán estar colocadas desde as 20,00 horas ata as 08,00 horas, quedando prohibida a realización dos labores de pesca –é dicir, que deberán levantarse as redes das pesqueiras- entre as 08,00 horas dos sábados e as 20,00 horas dos luns.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.