A Policía Nacional detén en Ribeira a un home e unha muller por un delito de tráfico de drogas

11 Novembro 2024

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira, no marco dun dispositivo establecido para a prevención do tráfico e consumo de estupefacientes na vía pública, procederon á detención dun home e unha muller como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas.

Os axentes, cando se atopaban realizando labores de prevención nas inmediacións dun punto de venda de estupefacientes, observaron a ambas as persoas, a bordo dunha motocicleta, quen, ao decatarse da presenza policial tentaron dar a volta. Posteriormente foron interceptados, atopándolles diversos envoltorios plásticos que contiñan no seu interior un total de 30 gramos aproximadamente de cocaína, máis de 500 euros en efectivo en moeda de diverso valor, así como útiles destinados á preparación das doses.

Os detidos foron postos ao dispor xudicial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.