Este sábado en Ribeira contacontos no Centro Cultural Lustres Rivas

08 Novembro 2024

Este sábado 9 de novembro ás 12.00 h temos contacontos no Centro Cultural Lustres Rivas

Inacio Vilariño trae a Ribeira os contos máis incribles e os cantares máis sonoros co seu espectáculo “Burromaquia”. Neste espectáculo de narración oral encontrámonos cunha selección de contos, fábulas, poemas e cancións na que se fala con simpatía dese animal tan entrañable que é o burro. A través da súa participación, os rapaces e rapazas van descubrindo a historia do burro da Tía Lola, personaxe que popularizaron nun pasodobre os gaiteiros Os Dezas de Moneixas.

Cunha pequena escenografía na que os obxectos e monicreques teñen tamén o seu espazo imos vivir a marabilla deste teatro de proximidade, no que interaccionamos ao pé co actor e mais cos seus bonecos. Esta proposta de narración oral está dirixida a toda a familia, a partir de tres anos todo o público é benvido!

“Burromaquia” de Fantoches Baj

Data: sábado, 09/11/2024
Hora: 12.00 h
Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.