“Cada can lambe o seu cu, e o PP, supostamente, obriga a rectificar” – Antón Luaces

05 Novembro 2024

Carlos Mazón, presidente da Comunitat de Valencia, e Alberto Núñez Feijoo, presidente nacional do PP, deron un “volantazo” a canto ata o de agora dixeron sobre as responsabilidades de cada quen na intervención militar en terras desa comunidade para contribuíren a mitigar os moitos problemas derivados da DINA (DANA) que afectou -e aínda afecta- a Valencia: Mazón, para se desdicir das responsabilidades que afectan ao seu cargo en relación co control da situación, e Feijóo, para moderar as súas opinións a respecto do Goberno de Pedro Sánchez.

Dá a impresión de que no seo do PP houbo un chamado á cordura por parte de Núñez Feijoo, mentres que Mazón semella ter desenterrado o machado de guerra para ter vivo o desencontro que a nada bo conduce. Sobre todo, apòs a intervención diante dos medios de comunicación do xeneral xefe da UME, Francisco Javier Marcos.

Os membros da Unidade Militar de Emerxencias (UME) todos eles integrantes do Exército español parcialmente despregada na Comunidade Valenciana, actuou e actúa en función do que emana do Goberno autonómico. É a Comunidade Valenciana a que marca as prioridades e o Exército fai o que este lle di.

Por se había dúbidas, “quen dirixe a emerxencia é a Comunidade Autónoma. Quen decide a onde imos ou a onde nos imos é a Comunidade Autónoma. É o director da emerxencia quen nos di neste sector ou neste outro”.

Son as opinións do xa citado xeneral xefe da UME, Francisco Javier Marcos, o luns pola tarde, quen interviu en todo momento facendo fincapé en que a UME actúa en función do que lles diga o Goberno valenciano “que nos marcan as prioridades e nós facemos todo o que nos din e máis”.

O xefe da UME afirmou que o día no que se desencadeou a emerxencia o seu servizo xa viña seguindo a situación meteorolóxica, o que permitiu, antes de que a comunidade elevara o nivel de alerta, ter todo preparado xa para a intervención inmediata ao batallón número 3 da base Jaime I, en Valencia.

Ordenou o despregamento duns 500 militares, de xeito que cando se produciu a autorización da Generalitat valenciana estaban en condicións de saír inmediatamente. Tardaron 15 minutos en acadar o lugar da emerxencia, a zona de Utiel-Requena. Outro milleiro de militares estaban asimesmo alertados para canio chegase o nivel de emerxencia a toda a provincia de Valencia. “Se non  estiveron antes foi debido á meteoroloxía e por orde e disciplina.

O xeneral Marcos deixou claro que “quen dirixe a emerxencia é a Comunidade autónoma. A partir de ahí, a unidade militar actúa coas súas propias ordes, pero sempre en colaboración”.

Arestora son case 8.000 os militares que traballan in situ na zonas afectadas. Aos militares da UME súmanse o Exército e a Garda Real, así como os que apoian loxisticamente desde parques e centros de abastecemento.

As que citabamos como correccións do presidente autonómico valenciano e do PP nacional -Mazón e Feijoo, respectivamente- semellan evidentes.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.