O Concello da Pobra contribúe á divulgación do Camiño A Orixe mediante guías de viaxe

04 Novembro 2024

O Camiño de Santiago do Barbanza (O Camiño A Orixe) colle un novo impulso este mes de novembro coa edición dunhas guías de viaxe. Unha publicación que conta co apoio do Concello da Pobra do Caramiñal ao ser un dos municipios polos que discorre esta ruta xacobea.

O párroco e presidente da Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e Sar. A Orixe, don Manuel Antonio Villar, e a secretaria da entidade, Marián Treus, achegáronse neste 4 de novembro ata a Casa Consistorial da Pobra para presentar o resultado final ante o alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

Aquí ofrécese información sobre a asociación, unha introdución ao Camiño e datos relevantes sobre as seis etapas, ademais dun mapa co trazado. E, mediante código QR, pódese acceder á versión dixital. No papel están dispoñibles en castelán e inglés e, no formato dixital, súmase o alemán e francés.

Estas guías estarán dispoñíbeis nas oficinas de Turismo de tódalas localidade polas que pasa A Orixe, ademais da Oficina do Peregrino e San Martiño Pinario, en Santiago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.