Os bombeiros do parque Provincial de Boiro foron alertados arredor das 21:30 horas deste domingo 3 de novembro dun incendio que afectou a unha casa deshabitada na rúa Principal, no concello de Boiro.
As chamas afectaron á planta baixa do inmóbel, concretamente a unha habitación na que se viron afectados dous colchóns e o teito, tanto vigas como chapas de fibrocemento.
Completaron o operativo a Garda Civil e SMPC de Boiro.




