Voluntarios de Protección Civil do Concello de Boiro prestan colaboración nos territorios afectados pola DANA

04 Novembro 2024

O Concello de Boiro colabora, mediante os mecanismos supramunicipais habilitados, cos territorios de Levante damnificados pola DANA co envío de persoal voluntario e recollida de produtos de primeira necesidade.

O alcalde, José Ramón Romero, despediu este luns 4 de novembro a primeira hora da mañá aos tres voluntarios de Protección Civil e Emerxencias do Concello de Boiro que viaxarán aos núcleos afectados para colaborar nas tarefas de limpeza que se están a levar a cabo nos municipios damnificados polas fortes choivas xunto cos voluntarios doutros municipios. A colaboración xestionase a través do 112 Galicia, que está en coordinación co seu homólogo en Valencia.

“Dende o Concello de Boiro poñemos a disposición persoal e os recursos cos que contamos e que sirvan de axuda nesta catástrofe”, recoñeceu o alcalde, explicando que entre o material que levan para colaborar nas tarefas están cepillos e vasoiras, xeradores de electricidade ou bombas de achique que permitan axudar nas tarefas de limpeza dos estragos producidos polas riadas.

Ademais, o Concello de Boiro ten habilitado dende este luns 4 de novembro un punto de recollida de produtos de primeira necesidade como artigos de hixiene ou alimentos non perecedoiros que se enviaran aos territorios afectados mediante os mecanismos habilitados pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), organismo en coordinación coa FEMP e a Federación Valenciana de Municipios e Provincias. Todas aquelas persoas que queiran facer a súa contribución poden facelo durante as mañás, de 9.00 a 14.00h, na Casa Consistorial de Boiro e polas tardes, de 16.00 a 20.00 horas, no Centro Social de Boiro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.