“Vertido de parafina no Estreito de Xibraltar ao colidir dous buques estranxeiros”. Antón Luaces

03 Novembro 2024

Non existen datos que relacione este accidente marítimo producido no Estreito de Xibraltar con tripulantes galegos, mais os efectos da colisión son seguidos con interese polos profesionais do sector marítimo na comunidade autónoma galega. Os buques afectados son o Souther Puma, barco cisterna liberiano, e o graneleiro abandeirado en Illas Marshall Louisa Bolten. O primeiro ten danos nun costado, e o segundo, na proa. Ambos os dous poderían  seguir navegando, pero o Souther Pumaoptpu por permanecer no porto de Algeciras onde, previsiblementem, efectuará unha nova carga de parafina. Esta, ao igual que a vertida é, segundo o capitán do barco, biodegradable, no  é tóxica e resulta doada a súa evaporaciòn. Non hai feridos entre os tripulantes, nen confirmación de que entre estes figure algún galego.

O vertido de 500 metros cúbicos de parafina producíuse a unhas 20 millas de Punta Europa, no Estreito de Xibraltar, e algo màis de 15 millas ao SE de Ceuta. O  capitàn do buque cisterna foi multado con 23.000 euros.

A organización ecoloxista  Verdemar/Ecoloxistas en Acción demandou de Capitanía Marítima de Alxeciras a orde de tipificación dos efectos no mar do vertido de parafina e que se valore o impacto ambiental producido no Estreito, a que logo as parafinas, afirman, danan o medio ambiente por seren extraídas do petróleo crú destilado, que pode afectar a centos de especies mariñas que frecuentan esa zona do Estreito de Xibraltar e o Mar de Alborán.  

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.