Contra as des desta mañá, Salvamento Marítimo avisou da localización dun cadáver en Cantís de Mesa Regada, en Fisterra.
Segundo explicaron a través do 112 Galicia, foi a tripulación do pesqueiro “Costa do Sol” quen atopou o corpo sen vida e indicaron que podería tratarse da moza desaparecida o pasado 25 de outubro.
Un equipo a bordo da embarcación de Salvamento Marítimo, a Salvamar Regulus achegouse ao punto para recoller o cadáver e trasladalo ao porto de Fisterra. Mentres, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil, dos voluntarios de Protección Civil da localidade e dos psicólogos do Grupo de Intervención en Catástrofes e Emerxencias do Colexio Profesional de Galicia.
Pola súa parte, os axentes de seguridade avanzan coas investigacións pertinentes para aclarar a identidade, aínda que ven moitos indicios que levan a crer que se trata da rapaza desaparecida.




