“As alumnas” de Culturactiva chega este sábado a Outes

31 Outubro 2024

O auditorio da Casa da Cultura de Outes acolle este sábado 2 a representación da obra teatral As Alumnas, de Culturactiva Producións, a partir das 20.00 horas.

Dirixida a un público adulto, a obra trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da peza. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.

A peza foi distinguida co Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, co Premio Follas Novas 2023 ao mellor libro de teatro e co Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade.

Está protagonizada por Anabell Gago e Mónica Caamaño.

O espectáculo As alumnas encádrase na programación da 29 edición do Outono Teatral de Outes, o programa escénico do Concello impulsado pola Área de Cultura que dirixe Anxo Núñez, que inclúe unha chea de espectáculos até febreiro do ano que vén.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.