O Concello de Boiro promove unha nova edición do Tunel do Terror para festexar o Samaín, unha actividade que organiza o grupo de voluntariado Turbina. A proposta lúdica terá lugar o vindeiro xoves 31 de outubro no local Leñaverde do Centro Social de Boiro.
A actividade, que vai xa pola súa cuarta edición, contará con sesión para público familiar (de 6 a 12 anos) das 18.30 ás 20.00 horas, e sesións para público xuvenil (maiores de 12 anos) entre as 21.30 e as 22.30 horas e entre as 23.00 e as 00.00 horas.
O acceso será por orde de chegada e o percorrido polo túnel do terror farase en grupos reducidos. Dende o grupo de voluntariado Turbina animan a toda a veciñanza a achegarse disfrazado para gozar desta actividade do Samaín.




