O programa Xornalismo na Escola chega este luns a Ribeira

28 Febreiro 2020

A semana que vén, a actividade de Xornalismo na Escola La Caixa (o programa didáctico sobre os medios de comunicación impulsado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa) trasladarase a Ribeira, concretamente o luns 2 de marzo no IES Nº1 da localidade barbanzá. Haberá tres obradoiros, con comezo ás 9.50, ás 12.00 e ás 16.00 horas. Imparte as actividades a xornalista e experta en xestión cultural, Olaia Tubío Rei. O programa tamén chegará na mesma semana á Coruña (luns 2), Miño (martes 3 e Xoves 5) e Teo (xoves 5).

Estes obradoiros forman parte dun total de 90 que pretenden chegar a miles de rapaces e rapazas de toda a Comunidade. Durante os meses de febreiro, marzo, abril e maio, as e os xornalistas do Colexio mostrarán ante a xuventude galega coñeza o funcionamento dos medios de comunicación e fomentarán o seu espírito crítico ante os contidos que se difunden nos distintos soportes offline e online. Nun plano máis concreto, os alumnos tratarán temas como os riscos e vantaxes das novas tecnoloxías de información e a comunicación (TIC), a necesidade da mediación e o contraste de fontes no xornalismo ou, tamén, como lle afecta á xente nova a veracidade e o rigor xornalístico.

Este proxecto, que se pode seguir en Twitter baixo o cancelo #XornalismoNaEscolalaCaixa, naceu grazas a un acordo acadado a finais de 2015 entre o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa. As catro primeiras edicións desenvolveron con grande éxito entre o 2016 e o 2019 máis de 360 obradoiros de comunicación en numerosos puntos da xeografía galega, levando estas actividades a miles de alumnos e alumnas da Comunidade.

Outros artigos

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

En Ribeira a rapazada de Banda ó Río estrea un novo parque infantil

O barrio ribeirense de Banda ó Río estrea hoxe un parque infantil completamente renovado. O goberno local, xunto cun bo número de veciños e veciñas, puideron comprobar as novas instalacións de xogo. O investimento para actualizar o Parque de Pedra Pateira ascendeu a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...