O horror popular e mitolóxico galego e europeo centra unha conferencia no Son, este venres, a cargo de Iria-Friné Rivera

25 Outubro 2024

A Casa da Cultura de Porto do Son acolle este este venres 25 de outubro, ás 20.30 horas, a conferencia A Maxestade do Averno. O selo do romanticismo negro na arte galega e da Europa, que será impartida por Iria-Friné Rivera Váquez e que vén acompañada de ilustracións do artista local David Segade Queiruga.

Esta actividade encádrase este mes de outubro nos festexos de Samaín e ten o obxectivo de “explorar a mitoloxía galega e a cultura popular”, poñendo o foco na vertente desta mitoloxía e desta cultura máis directamente vencellada co xénero do horror. Debullaranse os estudos sobre a materia feitos por Manuel Murguía e Vicente Risco e indagarase na inspiración gótica de artistas como Camilo Díaz Baliño, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Francisco Asorey, Luís Seoane ou Urbano Lugrís.

A investigadora mostrará a historia do Romanticismo Negro dende 1750 a séculos adiante. Explorará as criaturas que poboaron este movemento, tanto na literatura coma na arte, e recuperará destacados persoeiros, correntes e obras artísticas da inspiración gótica: Gustav Doré, Drácula (1897) de Bram Stoker, Arnold Böcklin, Xulio Verne, Edgar Allan Poe, Manuel Murguía, Caspar David Friederich, Amelia B. Edwards, Théodore Géricault, Arthur Conan Doyle, Johann Heinrich Füssli, William Blake, Herbert George Wells, o ximbolismo, František Kupka, Washington Irving, John Collier, Pierre Amédée Marcel-Beronneau, os irmáns Jacob e Wilhelm Grimm, Odilon Redon, a maxia, Edvard Munch, Gustav Klimt e Mary Wollstonecraft Godwin (casada Shelley) con Frankenstein ou o Moderno Prometeo (1818).

A autora

Iriia-Friné Rivera é historiadora da Arte, escritora, conferenciante e fotógrafa. Investigadora da Universidade de Santiago de Compostela. Licenciada en Historia da Arte, con especialización en Arte da Edade Moderna pola Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela. Forma parte dos padroados da Fundación Luís Seoane (A Coruña) e a Fundación Vicente Risco (Allariz).

É autora, entre outros traballos, dos artigos A divine marquise Casati (2015), O orientalista Vicente Risco (2015), Lugrís. O pintor da Natureza fantástica (2016), Vicente Risco e o Romanticismo Negro (2021), A Santa Compaña, segundo Díaz Baliño (2021), Díaz Baliño e a meiga como referente popular (2022) e “A Momia” (1932). Unha creación cinematográfica arredor da memoria, o amor, o terror e o Destino (2022). Tamén dos libros A orixinalidade radica nas orixes. O concepto da imaxe galega na estética de Vicente Risco (2020) e O legado pioneiro de Camilo Díaz Baliño Unha biografía artística (2021). E deu, entre outras, as conferencias A fantasía artística en Vicente Risco (2018), Cleopatra na Arte e na Historia (2019), Vicente Risco e a creación dun imaxinario galego (2020) e O imaxinario galego ao poder. Os once carteis  do Estatuto de Galicia (1936) (2023).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.