O venres quedaremos en zona de chuvascos, coa entrada de aire frío. Agárdanse ceos con intervalos nubrados e chuvascos máis frecuentes e intensos ao final do día, ocasionalmente treboentos e acompañados de sarabia no terzo norte, e que poderán ser de neve arredor dos 1200 metros.
As temperaturas sufrirán un notable descenso, quedarán sobre os 16-18 graos na comarca, mentres que os ventos soprarán do noroeste moderados no litoral e frouxos no interior, rolando a suroeste ao final do día.

O noso mar: Vento do noroeste á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 4 a 5. Forte marusía. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros á mañá e 2.5 a 3.5 metros á tarde e á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



