Rouba a machadazos unha máquina expendedora na Pobra do Caramiñal

24 Outubro 2024

Desesperación entre os donos de máquinas expendedoras e lavanderías de autoservizo na Pobra do Caramiñal e Ribeira polos continuos roubos.

TVG

Os donos de varios postos de máquinas expendedoras e lavanderías de autoservizo na Pobra do Caramiñal e Ribeira están a vivir unha situación desesperada debido aos continuos roubos. O último incidente tivo lugar na madrugada do martes, cando un ladrón empregou un método insólito para levar os cartos: atacou unha das máquinas a machadazos.

Segundo as imaxes que reproduce a TVG o ladrón golpeou repetidamente a máquina expendedora ata esnaquizala e acceder á recadación. Dámaris Mallo, dona dun dos postos na Pobra do Caramiñal, viu o roubo a través das cámaras de seguridade desde a súa casa.

O ladrón rompeu o metacrilato co machado e meteu a man para acceder á caixa dos cartos, chegando mesmo a cortarse. Non é o primeiro roubo que sofren, pero nunca viran algo así.

Dámaris está desesperada e non sabe que máis medidas de seguridade tomar. Mesmo está a considerar pechar os negocios, pois nin os seguros queren facerse cargo xa dos roubos e danos ocasionados polos ladróns.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.