Amicos sensibilizou en sustentabilidade mariña a un milleiro de persoas a través do proxecto Bitácora

22 Outubro 2024

O proxecto Bitácora (Bitácora, medidas para a posta en valor do patrimonio pesqueiro e fortalecemento da identidade da ría de Arousa), posto en marcha por Amicos co apoio do GALP da ría de Arousa, pechou a súa actividade nun concorrido acto de clausura celebrado este martes, 22 de outubro, no Pazo de Goiáns de Boiro.

Durante o evento, presentáronse os resultados acadados ao longo do proxecto e proxectouse un documental protagonizado por persoas con discapacidade e profesionais do sector pesqueiro e marisqueiro da zona.

A primeira parte do acto estivo centrada na presentación dos resultados e conclusións recollidas a partir do traballo do equipo do proxecto. Destacaron as accións de sensibilización en centros educativos, nas que participaron máis de 550 escolares, e as actividades de limpeza de residuos que involucraron a máis de mil rapaces e rapazas, así como a membros das confrarías, logrando recuperar máis de mil quilos de refugallos mariños.

O acto (ao igual que todo o proxecto), estivo conducido por persoas con discapacidade da dita entidade inclusiva da nosa comarca: persoas especializadas no sector, encargadas de conducir as accións de sensibilización e divulgación referentes ao patrimonio cultural e ambiental vinculado ao sectores marisqueiro e pesqueiro da zona.

Durante o acto, tamén se proxectou un documental que recolleu testemuños e experiencias de profesionais do sector. A xornada finalizou cunha degustación de produtos locais da comarca Barbanza – Arousa, ofrecendo unha mostra da riqueza gastronómica e da importancia do traballo de posta en valor realizado no marco do proxecto.

O acto de clausura de Bitácora contou coa asistencia da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, o presidente do GALP da ría de Arousa, Miguel Ángel Iglesias, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, o concelleiro do Mar de Ribeira, Fernando Abraldes, así como de distintos representantes de institucións locais e confararías da comarca.

Bitácora comezou na segunda metade de 2023 co obxectivo de valorizar os sectores ligados ao ecosistema mariño das comarcas do Barbanza e Arousa. A iniciativa incluíu máis de dez xornadas de sensibilización con escolares, limpezas de residuos mariños con alumnado e profesionais do sector, así como sesións de reutilización creativa de refugallos.

Entre as actividades desenvolvidas, destacan as visitas ás lonxas de Aguiño e Cabo de Cruz, así como obradoiros e formacións específicas. Bitácora promoveu a divulgación e sensibilización en centros educativos sobre o patrimonio cultural e ambiental vinculado ao sector pesqueiro, ademais de accións de valorización dos produtos da comarca.

O proxecto foi financiado polo GALP da ría de Arousa, coa colaboración da Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA).

Marta Villaverde salientou o potencial integrador do proxecto

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, participou na clausura do proxecto Bitácora destacando que esta iniciativa vai en liña coas actuacións promovidas polo Goberno galego “co valor engadido de promover a integración das persoas con diversidade funcional e outros colectivos en risco de exclusión social”.

Villaverde valorou moi positivamente o traballo desenvolvido pola entidade promotora con este proxecto que permitiu xerar sinerxías entre sectores sociais a prol do benestar social da comunidade pesqueira da zona. Resaltou o número de actividades desenvolvidas como xornadas de traballo co sector pesqueiro, accións formativas, actuacións dirixidas á sensibilización en centro educativos, limpezas en areais, unha campaña de valorización dos produtos pesqueiros.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.