Antonio Piñeiro e Veiras Manteiga presentan o seu traballo conxunto “Inzo” no Liceo de Ribeira (este venres ás 20.30h)

21 Outubro 2024

A Asociación Cultural Barbantia, o Liceo Marítimo de Ribeira, o xornal La Voz de Galicia e o Concello de Ribeira organizan esta semana a presentación do novo libro do escritor ribeirán Antonio Piñeiro, Inzo, que vén con ilustracións do artista compostelán afincado na nosa comarca Veiras Manteiga. A cita será este venres 25 de outubro ás 20.30 h no salón principal do Liceo Marítimo de Ribeira. Intervirán María Xesús Blanco (presidenta da AC Barbantia), Xosé Luís Veiras Manteiga (artista plástico), Antonio Piñeiro (autor) e Antía Alberte Maneiro (concelleira de Cultura de Ribeira).

A maiores, dende Barbantia informan que o suplemento cultural A Voz de Barbantia número 198 sairá este sábado, 26 de setembro, con La Voz de Galicia.

Un proxecto innovador

Inzo componse dun grupo de pezas poéticas de Antonio Piñeiro e pinturas orixinais de Veiras Manteiga. Para dar forma ao proxecto, Veiras Manteiga traballou os orixinais en técnica mixta: tintas, acrílicos e colaxes mesturados na liña mais actual da sua obra, próxima á síntese e a abstracción lírica, con leves referencias figurativas; mentres que as pezas de Antonio Piñeiro van impresas a máquina de escribir. O proxecto Inzo toma a testemuña dunha proposta anterior, Mansío, froito da colaboración entre Eva Veiga e o propio Antonio Piñeiro e xurdida (tamén) ao abeiro do Espazo Cultural do Liceo Marítimo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.