O Concello de Boiro aproba implantar o sistema tecnolóxico ARQA de xestión documental

18 Outubro 2024

O Concello de Boiro celebrou este xoves o pleno ordinario da Corporación Municipal correspondente ao mes de outubro. A sesión contou cun total de 15 membros da corporación ao rexistrarse a ausencia das dúas concelleiras que presentaron a súa renuncia: Alba Ferreiro Fernández (PP) e Dores Torrado Ares (Boiro Novo). O pleno saldouse con importantes acordos, como a aprobación da adhesión ao sistema ARQA, tecnoloxía deseñada pola Xunta para a xestión documental en soporte tradicional e que permite a súa utilización polos diferentes arquivos integrados no Sistema de Arquivos de Galicia, tanto os integrados no Subsistema de Arquivos da Xunta de Galicia como os dependentes doutras administracións (fundamentalmente da municipal) ou institucións de carácter privado (a través dela xestiónase o censo de arquivos de Galicia).

O pleno pode visualizarse íntegro a través da canle municipal de YouTube.

Votacións da sesión:

1 Aprobación da acta da sesión anterior – aprobación con 15 votos a favor (PSOE, PP e BNG) e 1 abstención (Boiro Novo)

2 Renuncia da concelleira do grupo municipal do Partido Popular, Dna. Alba Ferreiro Fernández.

3 Renuncia da concelleira do grupo municipal Boiro Novo/mixto, Dna. Dores Torrado Ares.

4 Crédito extraordinario 272024 e suplemento de crédito 172024 – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 6 abstencións (PP e BNG).

5 Acordo de adhesión ao servizo para a implantación do sistema de xestión documental ARQA – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 6 abstencións (PP e BNG).

6 Contestación ao recurso de reposición interposto contra o acordo adoptado polo pleno no que se desestima a solicitude presentada por Estrella del Mar Boiro SLU para a prórroga da concesión de dominio público outorgada con data 11/03/1993 para a explotación dun servizo de bar-restaurante en Praia Xardín – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 6 votos en contra (PP e BNG).

7 Modificación da ordenanza fiscal nº3 de Imposto sobre Bens Inmobles – aprobación con 9 votos a favor (PSOE) e 6 votos en contra (PP e BNG).

8 Moción do Partido Popular en relación a SOGAMA – non aprobado con 4 votos a favor (PP) e 11 votos en contra (PSOE e BNG).

    Outros artigos

    O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

    O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

    +

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    “Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

    “Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

    Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

    O Barbanza
    Resumo de privacidade

    Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.