A veciñanza do Araño reivindica o seu patrimonio coa III Muiñada no Te, este sábado 19

18 Outubro 2024

A Asociación Veciños Araño, coa colaboración do Concello de Rianxo, organiza este sábado 19 de outubro a terceira edición da Muiñada no Té, unha xornada para coñecer e reivindicar parte da patrimonio etnográfico, histórico e cultural da parroquia rianxeira.

A actividade dará comezo ás 10:30 nos muíños do Cubo (A Ermida), para logo seguir até os muíños de Quintáns, da Veiga e dos Lemos.

As persoas participantes poderán coñecer non só os muíños á beira do Te, senón tamén o seu funcionamento (haberá moenda).

A vertente musical desta xornada cultural, natural e festiva comezará da man de Aires do Arghaso.

Tamén haberá xogos tradicionais para a rapazada. Ás 13.00 horas haberá unha sesión vermú no muíño dos Lemos, a cargo de Rukan Rockblues. Tamén se ofrecerán petiscos. Organiza a Asociación de Veciños do Araño co patrocinio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...