O Ciclo de Cinema Mestre Mateo leva “Fatum” a Boiro, este domingo ás 19.30 horas

18 Outubro 2024


Ao abeiro do Ciclo de Cinema Mestre Mateo da Deputación da Coruña, xira que percorre varios concellos da xeografía galega con proxeccións dos filmes galegos premiados pola academia galega, vaise proxectar en Boiro, este domingo 20 de outubro a partir das 19.30 horas no Centro Social, a longametraxe Fatum (2023), de Juan Galiñanes.

Fatum é unha co-produción galega do ano 2023 protagonizada por Luis Tosar, Álex García e Aron Piper.

A película é un drama e suspense que narra a historia de Sergio (Luis Tosar), un home con graves problemas de ludopatía, e Pablo (Álex García), un francotirador do Grupo Especial de Operacións (GEO), cuxas vidas entrelázanse tras un atraco a unha casa de apostas.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.