O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron na mañá deste 16 de outubro no Brañón as obras de pavimentado realizadas para mellorar o acceso ás vivendas da zona.
“Trátase dunha actuación moi modesta pero moi importante xa que satisfai unha demanda da veciñanza da zona, ao ser un camiño de acceso a varias vivendas”, recoñeceu o alcalde.
A solución adoptada contempla a renovación do pavimento asfáltico, que se atopaba moi deteriorado, dotándoa dunha lixeira caída para a recollida de pluviais. A actuación completouse coa limpeza e saneamento da captación de pluviais.




