Ribeira presenta o seu novo modelo de cidade coa reforma do Centenario

16 Outubro 2024

O Concello de Ribeira presentou este 16 de outubro o se proxecto para crear, en palabras do Goberno local, “un novo modelo de cidade”. Este será o espírito dunha das grandes iniciativas do Executivo tripartito: a reforma da praza do Centenario, cuxos detalles foron debullados polo alcalde, Luís Pérez Barral, e os concelleiros Francisco Suárez-Puerta e Juan Luis Furones, xunto co arquitecto Ángel Cid, do estudio 2C Arquitectos.

Segundo fixeron saber, o obxectivo do novo modelo urbano é “gañar espazos públicos centrados nas persoas, mellorando a mobilidade e aumentando as zonas verdes”. Tamén explicaron que as reformas da dita praza (destinadas a reverdecer e mellorar os espazos destinados ás persoas) constitúen o seguinte paso logo do proceso de mellora do Centenario, que presenta unha serie de deficiencias, como filtracións de auga e humidades, que precisan ser emendadas.

O alcalde engadiu que a reforma da praza do Centenario está englobada na estratexia de mellorar a mobilidade e o fluxo de persoas entre o barrio das Avesadas, praza do Concello e praza de España. Para iso, establecerase unha plataforma única entre dous enclaves referentes de Ribeira como son o Centenario e a praza do Concello. Esta plataforma estenderase desde a actual praza do Centenario cara a rúa Otero Pedrayo pero tamén cara á praza Uxío Novoneyra e rúa Mendiño, na que xa se está a actuar.

Tamén se implantará plataforma única desde a praza do Centenario cara a rúa Avesadas, xerando un espazo a modo de “adro” para o edificio do novo Auditorio “xa que actualmente a beirarrúa é demasiado estreita”, explicaron, engadindo que coa actuación unificaranse os pavimentos en toda a área, usando formigón puído nas zonas que soporten tráfico rodado e formigón lavado nas contornas peonís. Ademais, incluirase a dotación de nova iluminación pública e mobiliario urbano.

O rexedor Luís Pérez Barral informou que “estas actuacións sentan as bases para outro modelo de cidade; centrado nas persoas, gañando espazos de uso para o benestar da veciñanza, mellorando a mobilidade e reverdecendo os espazos públicos para que as zonas verdes sexan protagonistas e non excepcións”. Pérez Barral salientou que tras estas reformas reforzarase a seguridade viaria reducindo os riscos de accidentes e atropelos, porque o criterio é “protexer vidas” e engadiu que “este proxecto é o inicio dun camiño cara a unha Ribeira máis verde, segura e habitábel”.

O arquitecto encargado do proxecto, Ángel Cid, introduciu unha reflexión sobre o reto das vilas e cidades para recualificar o espazo público. Cid abordou o pasado histórico e manifestou que Ribeira medrou coa presión dos vehículos e en moitos casos o espazo quedou colonizado por eles, deixando pouco espazo para as persoas. Neste senso, dixo, o que se está tratando de facer é reequilibrar eses espazos: “Non se trata tanto de peatonalizar e de quitar os coches, senón que a ocupación do vehículo sexa aquela necesaria para o seu uso cotián e ao mesmo tempo dar maior relevancia aos peóns na rúa para dinamizar a vida social, comercial por por suposto a accesibilidade universal”, dixo Cid.

Esta adxudicación está englobada no marco da actuación subvencionada polos fondos europeos de fortalecemento da actividade comercial. A empresa adxudicataria foi UTE Xestión Ambiental de Contratas, S.L – Prace Servicios y Obras, S.A. por un importe de 1.118.766€. A isto súmaselle os 109.122,47 euros que se están investindo na rúa Mendiño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.