Amicos e JEALSA asinan a renovación do seu convenio de colaboración

16 Outubro 2024

O Centro de Atención Integral de Amicos, emprazado en Boiro, acolleu este mércores, 16 de outubro, a renovación do convenio de colaboración entre a asociación inclusiva da nosa comarca Amicos e a conserveira boirense JEALSA. Coa sinatura deste acordo amplíase un ano máis o compromiso entre ambas entidades, que xa cumpre máis dunha década e que ten o obxectivo (agora reforzado) de facilitar a integración das persoas con discapacidade na sociedade, tanto a nivel vital como laboral.

No acto estiveron presentes a directora de Relacións Institucionais de JEALSA, Margarita Hermo, e o director xeral de Amicos, Xoán España, que fixeron un balance moi positivo destes máis de dez anos de traballo en equipo.

Con esta colaboración, ambas organizacións traballan de forma conxunta para favorecer a formación prelaboral de persoas con discapacidade intelectual, así como incrementar as oportunidades e apoios dirixidos a persoas con grandes discapacidades, tanto a través da Fábrica Social de Amicos como dos seus obadoiros prelaborais.

Outro dos piares fundamentais deste convenio xira en torno á nenez, coa posta en marcha de proxectos de integración escolar de nenos con discapacidade e a visibilización e sensibilización a través dos programas Badaboom e Festiritititi, e a continuidade da unidade de apoio e estimulación sensorial do centro.

España quixo salientar que “a confianza e o apoio constante dun gran grupo empresarial como JEALSA é vital para unha entidade como a nosa. Xa non só a nivel interno, a nivel social é importantísimo que dende o sector privado se siga apostando por transformar e construír eses novos futuros inclusivos nos que as persoas con discapacidade son actores fundamentais, e neste aspecto JEALSA é un exemplo”.

Pola súa banda, Margarita Hermo destacou que “a través do noso programa de RSC WeSea, desde JEALSA, continuaremos comprometidos co desenvolvemento social e coa mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade. A alianza que mantemos con Amicos é un exemplo de como o traballo conxunto entre empresas e entidades sociais pode marcar unha diferenza real, e estamos orgullosos de formar parte deste proxecto tan significativo que favorece a inclusión e o progreso social”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...