Derrubamento de cascotes dun tellado sobre a AC-305, no concello da Pobra do Caramiñal

16 Outubro 2024

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados pasadas as 07:30 horas da mañá deste mércores 16 de outubro dun desprendemento de restos dun tellado sobre a estrada AC-305, á altura do punto quilométrico 34 ao paso da vía polo lugar do Campiño, na Pobra do Caramiñal.

Á chegada dos bombeiros, os cascotes desprendidos ocupaban parte da vía e tamén había un cable desprendido por mor da caída destes. O operativo consistiu na súa limpeza así como na retirada doutros restos da fachada que presentaban risco de desprendemento garantindo así as medidas de seguridade para condutores e viandantes.

Completou o operativo a Policía Local da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.