Outes prohibe beber auga da traída por precaución tras rexistrarse varios casos de gastroenterites

15 Outubro 2024

O Concello de Outes informou á poboación da prohibición de consumir auga (para uso alimentario e consumo humano) da traída municipal tras rexistrarse varios casos de gastroenterites no municipio.

A primeira hora deste martes o Concello tivo coñecemento de varios casos de persoas afectadas por esta doenza e, pouco despois, a Consellería de Sanidade confirmaba a situación.

O Concello informou á poboación da prohibición de consumir esa auga, unha medida que afecta, tal e como sinalou, a algo menos de 4.000 persoas, un 60 % da poboación, que é a que dispón de traída municipal. En todo caso, moitas desas familias tamén dispoñen de traída particular, que non estaría afectada pola restrición.

O rexedor Manuel González, explicou que xa se están elaborando analíticas da auga, tanto por parte do Concello como de técnicos de Sanidade, e que “tan pronto” se coñeza a orixe do brote de gastroenterite adoptaranse as medidas necesarias.

Manuel González sinalou que varios dos casos concéntranse nunha zona do municipio, a máis afectada polas inundacións da pasada semana con motivo da borrasca Kirk, aínda que avogou por esperar o resultado dos estudos.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.