Prosegue o outubro valleinclaniano da Pobra con presentacións literarias, parladoiros e teatro

15 Outubro 2024

A Pobra do Caramiñal suma unha nova semana de actividades culturais ao abeiro do programa de actos das XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán.

“Seguimos inmersas e inmersos no outubro valleinclaniano con tres novas propostas que se sucederán nestes días. Tres novas ocasións para aproximarnos a Valle-Inclán e á súa obra, que se centrarán nas letras e na dramaturxia”, nas palabras da concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

A vertente literaria virá da man da presentación do libro A Única, Maria Casarès, de Anne Plantagenet e tradución de Isabel Soto, que se dará a coñecer no venres 18, ás 20.00 horas, no auditorio da Biblioteca Municipal. Aproveitarase a ocasión para ter un encontro coa actriz Berta Ojea, Premio Mestre Mateo 2023 pola serie Rapa.

Tamén se desenvolverá unha das principais novidades desta edición: a iniciativa Café con L. A sala de iconografía do Museo Valle-Inclán converterase nun parladoiro no sábado 19, ás 17.30 horas, mediante lecturas e conversas arredor do escritor degustando café con doces. Está suxeita ás inscricións previas a través do teléfono de contacto 681173484 ou do enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal ata completar as 20 prazas dispoñibles.

E haberá tamén oco para as artes escénicas. A compañía MyH Producciones subirá ás táboas do Teatro Cine Elma para representar Luces de bohemia. Será no domingo 20, ás 19.30 horas.

Unha quincena de citas culturais integran a axenda do outubro valleinclaniano, que transcorrerá durante todo o mes para lles achegar a faceta e o legado do literato a tódolos públicos.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.