Noia pechou con satisfacción a primeira poxa da campaña de marisqueo

15 Outubro 2024

A ría de Muros Noia reiniciou o marisqueo tras un ano de inactividade. A pesar de que as expectativas iniciais non eran de todo alentadoras, A primeira xornada truxo un moderado optimismo para esta campaña.

Despois dun ano de paraxe, entre os 1.500 mariscadores e mariscadoras de Noia hai certa esperanza no que poida traer cada nova xornada desta campaña, pero irán mirando con cautela a súa evolución.

O secretario do depósito noiesa, Adelo Freire, destacoua que, independentemente da cantidade de marisco dispoñible, “a xente tiña moitas ganas de poder volver faenar”. As capturas foron as esperadas, predominando o berberecho de terceira e cuarta categoría. Freire sinala que, aínda que este ano a mortalidade do marisco tras as riadas foi significativa, o produto obtido é de calidade notable, comparado favorablemente con outras rías galegas.

Os mariscadores regresaron cos topes establecidos: 8 quilos de berberecho para os primeiros dous tripulantes e 5 quilos para o terceiro, así como 3 quilos de ameixa japónica. Con todo, as capturas de ameixa babosa e fina foron escasas e de menor tamaño.

Santiago Cruz, patrón maior, subliñou que as mellores capturas foron de berberecho e ameixa japónica, alcanzando rapidamente os límites permitidos. A pesar da boa xornada, Cruz alertou sobre a escaseza de ameixa fina e babosa, aínda que se mostrou máis optimista que en días previos, grazas a que as recentes riadas non afectaron a pesca á boia, a diferenza do marisqueo a pé.

Doutra banda, Cruz lamentou a falta dun protocolo que regule a apertura das comportas do encoro do río Tambre, unha situación que podería ameazar os bancos marisqueiros ao diminuír a salinidade das augas nos areais e poñer en risco a supervivencia do marisco.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.