A Xunta recuperará a concesión das autoestradas do Barbanza, Salnés, Ourense-Celanova e Santiago-Brión

15 Outubro 2024

72 millóns serán para recuperar a autovía AG-11 do Barbanza, que no 2006 foi adxudicada a Itinere (Sacyr) e Caixa Galicia (hoxe Abanca). Quedou lista no 2009 e quedaría liberada no 2036.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou que o Consello da Xunta de Galicia acordou hoxe recuperar a concesión de catro autoestradas de gran relevancia: a do Salnés, a de Barbanza, a de Ourense-Celanova e a de Santiago-Brión, eliminando así as peaxes en sombra que se viñan pagando anualmente. Unha importante medida en materia de infraestruturas que, tal e como explicou, “permitirá un aforro de máis de 30 millóns de euros ao ano para as arcas públicas galegas, que poderán destinarse a outras cuestións como a vivenda”. 

O titular do Goberno galego manifestou que esta decisión enmárcase dentro dunha estratexia “coherente” coas políticas de infraestruturas desenvolvidas pola Xunta nos últimos anos, que inclúe a construción de máis de 220 quilómetros de vías de altas prestacións libres de peaxe, garantindo que oito de cada dez galegos teñan acceso a unha destas vías a menos de 15 minutos dos seus fogares, así como a conxelación das peaxes nas autoestradas A Coruña-Carballo e do Val Miñor.

Pola súa banda, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, indicou que coa medida aprobada hoxe dase un paso máis cara a unha rede de infraestruturas cada vez máis extensa e económica para os cidadáns. “Galicia conta hoxe con máis de 1.400 quilómetros de vías de altas prestacións, dez veces máis que hai 30 anos”, afirmou, destacando que en 2025 seguirán avanzando en eixes como o de Tui-A Guarda, Nadela-Sarria e Santiago-A Estrada.

As catro autoestradas que pasarán a ser xestionadas pola Xunta suman un custo total de 297 millóns de euros, e con esta operación prevese un aforro de máis de 330 millóns de euros en peaxes en sombra e mantemento ata o final das concesións. Isto, polo tanto, permitirá dispor de 30 millóns de euros adicionais para as finanzas públicas galegas.

Con este acordo, a conselleira salientou que “Galicia dá un novo paso cara a unha rede viaria máis accesible, eficiente e sostible, consolidando así un modelo de infraestruturas que beneficia a todos os galegos”. Así, o Goberno galego reitera a súa aposta por un modelo que achegue as áreas rurais ás urbanas e contribúa á vertebración de todo o territorio.

Acordo beneficioso para Galicia

A conselleira tamén quixo agradecer ás concesionarias destas vías a súa colaboración e compromiso, subliñando o seu esforzo investidor en momentos de dificultade económica e a súa disposición para chegar a un acordo favorable para o rescate das infraestruturas.

“Esta operación permitirá que as catro autoestradas pasen a ser autovías de propiedade pública, xestionadas directamente pola Xunta de Galicia, cunha administración responsable e comprometida coa calidade do servizo,” engadiu.

Neste sentido, volveu insistir na necesidade de que “tamén as autoestradas de xestión estatal, a AP-9 e a autoestrada que une Santiago con Lalín, deixen de estar entre as máis caras de España” e a súa titularidade e centro de decisión pase a estar en Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.