Vendidas todas as entradas para o Xantar de Confraternidade da Pobra

15 Outubro 2024

A Pobra do Caramiñal celebrará o seu Xantar de Confraternidade no 25 de outubro, ás 14.00 horas, co Polideportivo Municipal de Venecia como gran salón de eventos. Trátase dunha cita que sentará á mesa 750 comensais que desfrutarán dunha carta composta por dous mariscos, peixe, carne, sobremesa, café e bebidas variadas.

Dende a apertura das inscricións, no 7 de outubro, xa se vendeu a totalidade das entradas a un prezo de 18 euros por persoa.

Con relación a isto, a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos, valora moi positivamente a acollida neste ano non só por parte das persoas maiores da Pobra, senón tamén doutros municipios da contorna “para desfrutar da boa compañía, do menú preparado para a ocasión, da música… En definitiva, gozar dunha xornada para coñecer xente nova, compartir tempo coas amizades e divertirse.” Ramos agradece tamén a achega económica de empresas colaboradoras. A recepción contará coa música tradicional de Trécola, mentres que Mar Davila Trío marcará o ritmo do baile da tarde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...