Os Bolechas recalan este venres en Boiro co seu novo espectáculo musical

15 Outubro 2024

A familia dos Bolechas creada polo debuxante Pepe Carreiro vai estar esta semana en Boiro para achegar á rapazada un dos seus novos espectáculos: Os Bolechas tocan nunha grande orquestra. Será ás 20.00 horas do venres 18 de outubro, na Casa da Cultura de Boiro. Os Bolechas tocan nunha grande orquestra é unha función de monicreques encadrada no programa FalaRedes (Secretaría Xeral de Lingua) e para público infantil e familiar. É unha proposta dirixida a toda a familia que combina o teatro de monicreques coa música, para que nun contexto distendido e alegre os nenos e as nenas poidan gozar de novas experiencias en galego.

Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá, xunto co seu can Chispa, deciden construír un escenario musical despois de atopar unha caixa chea de instrumentos musicais para ofrecer un gran concerto. A medida que as melodías do tambor, a guitarra, o piano ou a frauta soan, aprenden os diferentes estilos musicais e compoñen as súas propias cancións.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.