Ribeira, presente na guía turístico-dixital interactiva de Eixo Atlántico

14 Outubro 2024

A entidade Eixo Atlántico achegou un novo recurso tecnolóxico cuxo obxectivo é facilitar as nosas viaxes polo territorio galego portugués: unha plataforma que se presenta baixo o nome Vive o Eixo Atlántico e que vén concibida como unha guía turístico-dixital interactiva. A plataforma vén cunha sección-mapa adicada a todas as cidades da Eurorrexión (das dúas beiras da raia) incluída a capital do Barbanza: Ribeira.

Dende Eixo Atlántico, lembran que o turismo é un dos sectores economicamente máis importantes (10,6% do PIB na Galiza e 12,7% no Portugal), así como un dos que máis sufriu coa pandemia. Por este motivo e co fin de darlle un novo impulso transformador, o Eixo Atlántico refórzao a través de tres eixes: o comercializador (con Expocidades, a feira de turismo de proximidade), a identificación de novas liñas (turismo de autor, turismo policéntrico e fomento do turismo adaptado) e a promoción turística a través da cal publicáronse xa mancheas de guías turísticas en papel, ás que se suma agora a guía turístico-dixital do Eixo Atlántico que contempla e concentra todos os tesouros paisaxísticos, ambientais, culturais, etnográficos e patrimoniais de Galiza e o Norte de Portugal e faino dun xeito permanentemente actualizado.

A guía ofrece un amplo catálogo de festas populares, gastronómicas e históricas, concertos, eventos deportivos, promoción do patrimonio, etc., dunha enorme riqueza. Por iso, a plataforma reúne toda esta información para que o usuario poida acceder con facilidade á oferta cultural, gastronómica, patrimonial e natural dos dous países irmáns.

Outro dos aspectos diferenciadores da guía é a posibilidade de personalizar unha viaxe a través de distintas filtros. O visitante poderá ver a axenda do municipio que vai visitar eses días concretos.

Os 7 millóns de habitantes da Eurorrexión, máis os 3 millóns das rexións veciñas, durante 52 fins de semana do ano, constitúen un importante nicho de negocio para o turismo de proximidade.

Tamén haberá unha edición en inglés para o turismo estranxeiro con especial atención no Camiño de Santiago que, ao ter coñecemento previo da oferta, os peregrinos poden planificar a súa viaxe cun maior número de noites ou ampliar os lugares a visitar.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...